Juan de la Cierva 5, 15008, A Coruña
+34 981 297 870
info@aecoempresarias.org

Francisco Fernández del Riego: Día das Letras Galegas, 2023.

Asociación de Empresarias de A Coruña

Francisco Fernández del Riego: Día das Letras Galegas, 2023.

📌📖O mércores 17 de maio se celebra o Día das Letras Galegas 2023, dedicado este ano a Francisco Fernández del Riego.

Francisco foi un escritor, político, editor e ćritico da literatura galega do século XX.

Naceu o 7 de xaneiro de 1913 en Vilanova de Lourenzá,Lugo. Foi o primero fillo dunha extensa familia.

En 1930 empezou a carrera de Dereito en Madrid, pero ao ano seguinte mudouse coa súa familia a Santiago de Compostela, onde a rematou para, no ano 1934 comezar a exercer como profesor de Dereito Civil.
Co inicio da guerra civil alistouse para evitar as represalias polas súas actividades políticas. Tras a guerra instalouse en Vigo, onde casouse e comezou a traballar, primeiro como profesor e máis tarde como avogado.

En 1943 empezou a reorganizar o Partido Galeguista na clandestinidad.
Sete anos máis tarde fundou, xunto con outros galeguistas, a coñecida Editorial Galaxia.
En 1960 ingresou na Real Academia Galega, da que foi presidente. Por iniciativa súa, a insititución decidiu comezar a celebrar o día das Letras Galegas.
A partir dese momento, dedicouse á labor cultural, intelectual e de divulgación, traballando a favor de Galicia e os seus valores.

Ao largo da súa vida, foi galardoado con numerosos premios (Pedrón de Ouro, Trasalba, Premio de Creación Cultural, Premio das Artes e as Letras de Galicia).
En enero de 1995 donou a súa colección bibliográfica, arquivo personal e fondos artísticos ao pobo de Vigo.

Faleceu o 23 de novembro de 2010 no seu domicilio de Vigo,tras dedicar a súa vida á loita polo recoñecemento da cultura galega.

Este ano se lle rinde homeaxe no día das Letras Galegas, pola súa incansable loita a favor de Galicia. 📖🤍