TALENTO SEN TEITOS

Desde AECO – Asociación de Empresarias de A Coruña convidámoste o próximo sábado, 10 de marzo, a “Talento sen Teitos: Foro de experiencias emprendedoras que avanzan en Igualdade”, un evento enmarcado na semana do Día Internacional das Mulleres e celebrado co apoio da Comisión Europea: Startup Europe Week (#SEW18) (https://www.f6s.com/sew18acorua )
Achégate ao ACCEDE Papagaio, Rúa Hospital, 19, baixo, a partir das 11.30 h.
Contaremos coa retransmisión en directo dun programa especial da Cadena SER e paralelamente desenvolveranse actividades, obradoiros e encontros con experiencias emprendedoras en feminino.
Agardamos atoparnos alí con vós.
Achegamos o programa de “Talento sen teitos”, foro de experiencias emprendedoras que avanzan en igualdade e tamén os perfís de RRSS abertas para este evento e pregamos a súa difusión.
Twitter: https://twitter.com/TalentoSenTeito
Facebook: https://www.facebook.com/TalentoSenTeitos
LinkedIn: https://www.linkedin.com/company/18511755/admin/updates/