No ámbito da Estratexia de Internacionalización, vaise desenvolver o IV Taller de Marketing Expertise, organizado polo Igape en colaboración coa cátedra Jean Monnet da Universidade da Coruña e centrado na Innovación Aberta e Comercialización da Innovación en mercados internacionais. O obxectivo deste taller son as prácticas das compañías multinacionais na comercialización da innovación.

Este cuarto encontro técnico contará coa participación do Dr. Rudolf Albert, ex-xerente de distribución global no Grupo Wrighleys antes de unirse á Escola de Negocios da Universidade de Pforzheim (Alemaña). Operou en 54 países, desenvolvendo importantes funcións en América Latina.

O evento tamén contará coa intervención do Dr. Jürgen Janovsky, profesor na Universidade de Pforzheim, responsable do desenvolvemento e xestión de proxectos de colaboración con empresas privadas e autoridades públicas. Experto en Xestión da Innovación, Transferencia de Tecnoloxía e Desenvolvemento de Pemes.

HORARIO:

Día: 25 de febreiro, a partir das 09:45 horas.
Lugar: Santiago, Confederación de Empresarios de Galicia, Rúa do Vilar, 54.

Día: 26 de febreiro, a partir das 11:45 horas.
Lugar: A Coruña, Confederación de Empresarios da Coruña, Praza de Luís Seoane, Torre 1 Entreplanta.

Día: 26 de febreiro, a partir das 18:00 horas.
Lugar:  A Coruña, Universidade da Coruña, Facultade de Economía e Empresa, Campus de Elviña s/n

Programa:

 http://www.igape.es/images/sair-ao-mercado-exterior/Formacion/2016/MarketinExpertise/PROGRAMA_TallerIV_MarketingExpertise_Feb2016.pdf

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies

Suscríbete a nuestro newsletter

Y recibe cómodamente en tu correo todas las novedades de AECO

Te has registrado correctamente.

Share This
A %d blogueros les gusta esto: