Expertos de Alemaña e Países Baixos participan o día 18 en Santiago e o 19 na Coruña no III Taller Marketing Expertise. Os encontros, organizados polo Igape en colaboración coa Cátedra Jean Monet da Universidade da Coruña, contarán con Jürgen Janovsky, experto en xestión da innovación, e P.A. Breddels, desenvolvedor de negocios para empresas de alto contido tecnolóxico.

O III Taller Marketing Expertise, organizado polo Igape en colaboración coa Cátedra Jean Monet da Universidade da Coruña, desenvolverase esta semana na Coruña e en Santiago contando con expertos de prestixio procedentes de Alemaña e Países Baixos que compartirán o seu coñecemento no ámbito da comercialización da investigación tecnolóxica co tecido empresarial galego.

O primeiro dos encontros cos relatores convidados a este III Taller de Marketing Expertise, Jürgen Janovsky, profesor da Universidade de Pforzheim (Alemaña) e experto en xestión da innovación, transferencia de tecnoloxía e desenvolvemento de pemes, e P.A. Breddels, desenvolvedor de negocios para empresas de alto contido tecnolóxico no Holst Centre Research Institute (Países Baixos), desenvolverase en Santiago o próximo xoves, día 18, na sede da Confederación de Empresarios de Galicia (rúa do Vilar, 54) a partir das 9:45 horas.

O venres 19, a partir das 11:45, a sede da CEC na Coruña (praza Luis Seoane) acollerá o segundo encontro, seguido doutro que se desenvolverá, ese mesmo día, a partir das 17:45, na Facultade de Economía e Empresa da UDC. Os interesados poden consultar máis información e inscribirse na web do Igape    http://www.igape.es/gl/xornadas?id=41&hm=1.

Os talleres de International Marketing Expertise están destinados a facilitar o contacto directo de empresas e responsables de centros tecnolóxicos ou de investigación con expertos coñecedores das demandas da industria actual en mercados de especial interese para o tecido empresarial galego. Estes encontros especializados forman parte das medidas impulsadas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria a través da Estratexia de Internacionalización da Empresa Galega, no eixo destinado a promover a cultura da internacionalización.

Ao abeiro desta estratexia, a proxección exterior do tecido empresarial galego confórmase como un dos eixos prioritarios da política económica da Xunta para consolidar o crecemento da economía e a xeración de emprego en Galicia. O obxectivo é conseguir que as exportacións alcancen o 40% do PIB en 2020, ampliando ao mesmo tempo o número das empresas exportadoras e a captación de investimentos estranxeiros.

HORARIO:

Día:18 de febreiro, a partir das 09:45 horas.
Lugar: Santiago, Confederación de Empresarios de Galicia, Rúa do Vilar, 54.

Día: 19 de febreiro, a partir das 11:45 horas.
Lugar: A Coruña, Confederación de Empresarios da Coruña, Praza de Luís Seoane, Torre 1 Entreplanta.

Día: 19 de febreiro, a partir das 17:45 horas.
Lugar: A Coruña, Universidade da Coruña, Facultade de Economía e Empresa, Campus de Elviña s/n.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies

Suscríbete a nuestro newsletter

Y recibe cómodamente en tu correo todas las novedades de AECO

Te has registrado correctamente.

Share This
A %d blogueros les gusta esto: