Sede AECO-Centro de Negocios iWORKs C/Juan de la Cierva 5 15008 A Coruña
+34981297870
info@aecoempresarias.org

MODIFICACIÓNS DO PROGRAMA EMPRENDE MULLER NO DOG (EN VIGOR O 27 DE MAIO)

Asociación de Empresarias de A Coruña

MODIFICACIÓNS DO PROGRAMA EMPRENDE MULLER NO DOG (EN VIGOR O 27 DE MAIO)

A evolución da crise provocada pola COVID-19 fai necesario reaxustar as obrigas de mantemento do emprego recollidas na orde de convocatoria de incentivos á contratación das mulleres desempregadas.

Modificación da Orde do 3 de abril de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras do programa Emprega Muller para a contratación por conta allea, cofinanciado polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e a formación das mulleres desempregadas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019.

Modificacións:

Artigo 27

 f) Manter no seu cadro de persoal fixo as persoas traballadoras subvencionadas durante un período de 18 meses contados desde a data de realización da contratación.
O período de suspensión do contrato subvencionado como consecuencia da aprobación dun expediente temporal de regulación de emprego computará como tempo efectivo de mantemento do emprego.
No suposto de extinción da relación laboral dalgunha persoa traballadora pola que se concedeu a subvención, a empresa está obrigada a cubrir a vacante cunha nova contratación indefinida inicial.

g) Manter en cómputo anual ata a entrada en vigor do Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da crise sanitaria ocasionada pola COVID19 (BOE do 14 de marzo), o número de persoas traballadoras fixas do cadro de persoal no mes de realización da contratación indefinida inicial.

h) Corresponderá á Dirección xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social levar a cabo a función de control das subvencións concedidas, así como a avaliación e o seguimento deste programa. A entidade beneficiaria está obrigada a presentar, nos tres meses seguintes á entrada en vigor desta orde de modificación:

  • Unha declaración da media do persoal traballador fixo no conxunto dos centros de traballo en Galicia. 
  • Informe de vida laboral dun código conta de cotización expedido pola TXSS.
  • Nóminas das mensualidades en que a persoa traballadora estea obrigada a permanecer de alta na empresa.
  • No prazo máximo de catro semanas desde o cumprimento dos prazos de mantemento da condición da traballadora a que se refire o artigo 27.f) e g), deberá presentar, respecto de cada unha das persoas polas que percibiu a subvención ou as persoas substitutas, os indicadores de resultado inmediato.

Artigo. 28.2.

a.1) Se se efectuou a substitución, pero esta non foi feita no prazo anteriormente indicado: O cálculo da contía que se reintegrará parcialmente farase do seguinte xeito:

  • i. Divídese entre dezaoito meses a subvención concedida.
  • ii. Calcúlase o número de meses que o posto estivo vacante; computarase para estes efectos o prazo que se concede para proceder á substitución. Así mesmo, o mes en que se leve a cabo a substitución considerarase como mes de incumprimento, sexa cal sexa o día dese mes en que aquela se realice.
  • iii. E multiplícase o importe obtido na primeira operación (i) polo número de meses en que o posto de traballo estiver vacante.

a.2) Se se efectuou a substitución, pero esta non foi feita cunha nova traballadora pertencente a algún dos colectivos de beneficiarias deste programa polo que se poida conceder unha subvención por importe igual ou superior ao da persoa que causou baixa:

Procederá o reintegro parcial da axuda concedida do seguinte xeito:

  • i. Divídese entre dezaoito meses o importe concedido pola traballadora de que se trate.
  • ii. Calcúlase a subvención que correspondería en función do colectivo da traballadora substituta, e divídese tamén entre dezaoito meses.
  • iii. Á contía obtida na operación primeira (i) réstaselle a contía obtida na operación segunda.

iiii. O resultado multiplícase polo número de meses que resten ata cumprir os dezaoito, tendo en conta que o mes en que se leve a cabo a substitución será computado entre os meses en que a subvención sería inferior, sexa cal sexa o día dese mes en que aquela se realice. 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *