Sede AECO-Centro de Negocios iWORKs C/Juan de la Cierva 5 15008 A Coruña
+34981297870
info@aecoempresarias.org

IN500B AXUDAS Á VALORIZACIÓN E Á SEGUNDA TRANSFORMACIÓN DAS PEMES DA INDUSTRIA FORESTAL GALEGA E DO CONTRACT

Asociación de Empresarias de A Coruña

IN500B AXUDAS Á VALORIZACIÓN E Á SEGUNDA TRANSFORMACIÓN DAS PEMES DA INDUSTRIA FORESTAL GALEGA E DO CONTRACT

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, e dicir, ata o 25 de Xunio do 2021
Obxecto

Establecer as bases que regulan as axudas dirixidas á valorización, potenciación, innovación e mellora das pequenas e medianas empresas da industria forestal de Galicia e do contract e proceder á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para o ano 2021.
 
Persoas Beneficiarias
 
PEMES do sector da industria forestal e do contract radicadas en Galicia que utilicen a madeira, a resina, a cortiza ou outros produtos de orixe forestal, exceptuando os produtos agroalimentarios, como materia prima para a elaboración dos seus produtos.
 
Deberán cumprir os seguintes requisitos:
 
– Acreditar a súa viabilidade económica mediante algunha das seguintes circunstancias:

  • Dispoñibilidade de crédito bancario para o investimento, (mínimo do 70 % do importe do seu imorte) ou comunicación bancaria de estar en disposición de conceder o financiamento.
  • Certificación bancaria de dispoñibilidade líquida na conta por importe do investimento.
  • Vendas por importe superior ao triplo do investimento (na declaración do IVE do último exercicio pechado á data de publicación da convocatoria-modelo 390 ou modelo 303 do último mes do ano, segundo proceda).

 
– Deberán ter un seguro en vigor de responsabilidade civil para a actividade obxecto de axuda e, no suposto de ser exixible, un contrato de prevención de riscos laborais en vigor na data de publicación da convocatoria.
– Deberán estar inscritos no Rexistro de Empresas do Sector Forestal e cos datos actualizados ou dados de alta nalgún código CNAE que acredite a realización de actividades obxecto de subvención na data de publicación da convocatoria.
 
As persoas solicitantes con persoal contratado por conta allea en número igual ou superior a tres traballadores, deberán ter, na data de publicación da convocatoria, polo menos, o 40 % do cadro de persoal da empresa con contratos por conta allea e tempo indefinido. Para as empresas de nova creación, bastará o compromiso de acadar, como mínimo, o 40 % de estabilidade laboral ao remate do prazo concedido para xustificar o investimento.
O persoal contratado a tempo parcial computarase porcentualmente ao tempo que conste no contrato de traballo ou na vida laboral da empresa.

Investimentos subvencionables
 

  • Compra de maquinaria nova vinculada aos procesos de produción da empresa, así como para os procesos de secado e doutros tratamentos da madeira.
  • Obras e instalacións necesarias para a correcta instalación e funcionamento dos investimentos obxecto de subvención.
  • Tecnoloxías da información e comunicación (TIC).
  • Outros bens de equipamento que formen parte do activo da empresa e interveñan no proceso produtivo obxecto do proxecto.
  • Implantación e certificación da cadea de custodia de madeira certificada, de normativas de calidade e plans de mellora de xestión empresarial.
    Servizos, bens, equipamentos, tecnoloxías e obras de acondicionamento necesarios para a obtención de selos de calidade, marcas de garantía, marcas colectivas ou implantación da marcación CE de produtos e condicionados á obtención destes dentro do prazo de xustificación da axuda.
  • Ensaios de caracterización de produto realizados conforme a normativa oficial por un laboratorio acreditado para a realización do ensaio.

 
Requisitos:

  • Os investimentos realizaranse no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Deben executarse dentro do prazo de xustificación recollido na convocatoria.
  • A persoa beneficiaria deberá adquirir en propiedade os bens obxecto de investimento. No caso de adquisición dos bens mediante fórmulas de pagamento aprazado, estes tamén deberán pasar a ser propiedade plena da persoa beneficiaria antes do remate do prazo de xustificación, debendo constar nese momento o pagamento das cantidades aprazadas.
  • En ningún caso o custo de adquisición dos investimentos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.
  • Os investimentos subvencionados deberán manterse durante un período mínimo de 5 (cinco) anos contados desde a data do último pagamento da axuda.

Só se poderá presentar unha solicitude por beneficiario e presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *