Sede AECO-Centro de Negocios iWORKs C/Juan de la Cierva 5 15008 A Coruña
+34981297870
info@aecoempresarias.org

PEL-REACTIVA: PROGRAMA ESPECÍFICO DE APOIO Á HOSTALERÍA E AXENCIAS DE VIAXES

Asociación de Empresarias de A Coruña

PEL-REACTIVA: PROGRAMA ESPECÍFICO DE APOIO Á HOSTALERÍA E AXENCIAS DE VIAXES

Para as microempresas e autónomos/as de Ferrol, A Coruña e Santiago. A través deste programa repártense axudas directas de 1.500 euros a microempresas e persoas traballadoras autónomas de toda a provincia que cumpran, entre outros, os seguintes requisitos:

  • Figuren dadas de alta no IAE, con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2021, en calquera dos epígrafes das agrupacións 67 (bares e restaurantes), 68 (hospedaxe), grupo 755 (axencias de viaxe) e epígrafe 969.1 (salas de festa e discotecas)
  • Teñan o seu domicilio fiscal nun concello da provincia da Coruña
  • Non resultaran beneficiarias das axudas PEL-REACTIVA: Fondo de Financiamento para a Reactivación Económica e Social da Provincia da Coruña

As modificación das bases, pola que se amplían os/as destinatarios/as das axudas,  poden consultarse no Boletín Oficial da Provincia nº 91 do 18 de maio de 2021 ou a través da seguinte ligazón: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2021/05/18/2021_0000004159.pdf
A concesión realízase por orde de entrada e o prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o esgotamento do crédito dispoñible, ou, en todo caso, ata o 15 de xuño ás 14.00 horas.

Lembrámoslle que na web https://pel.gal/ e no facebook https://www.facebook.com/PlanEmpregoLocal pode consultar a información actualizada sobre as distintas liñas do Plan de Emprego Local

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.