Sede AECO-Centro de Negocios iWORKs C/Juan de la Cierva 5 15008 A Coruña
+34981297870
info@aecoempresarias.org

IN421G SUBVENCIÓNS PARA PROXECTOS DE ENERXÍAS RENOVABLES TÉRMICAS

Asociación de Empresarias de A Coruña

IN421G SUBVENCIÓNS PARA PROXECTOS DE ENERXÍAS RENOVABLES TÉRMICAS

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, e dicir, ata o 25 de Xunio do 2021

Concesión de subvencións por procedemento de concorrencia competitiva do Instituto Enerxético de Galicia para apoiar proxectos con fins de aforro enerxético e fomento do uso racional das enerxías renovables.
Os proxectos limitaranse a instalacións para a xeración de enerxía térmica mediante equipamentos que utilicen biomasa como combustible e outras instalacións de enerxías renovables que utilicen como fonte enerxética a xeotermia, a aerotermia e a solar térmica.

Beneficiarias:

  • As entidades locais de Galicia e entidades dela dependentes.
  • As entidades sen ánimo de lucro.
  • Empresas legalmente constituídas e autónomos.

Requisitos:

As empresas deberán cumprir co criterio de autonomía e demais requisitos e as entidades sen ánimo de lucro non poderán disolverse ata que transcorra o prazo de prescrición previsto.

Investimentos subvencionables:

– O equipamento principal de xeración enerxética. No caso da biomasa, o custo do equipamento térmico e os seus accesorios principais.
– O resto de accesorios da instalación para o correcto funcionamento do sistema.
– O custo do sistema de almacenamento do combustible.
– O custo do sistema de alimentación do combustible.
– O custo de montaxe e conexionado.
– No caso da enerxía xeotérmica, o sistema de captación do recurso xeotérmico.
– No caso de redes de distribución de calor con biomasa, o custo da rede de distribución de enerxía térmica e, se for o caso, o custo dos sistemas para a conexión coas salas de caldeiras existentes. A obra civil necesaria da sala de caldeiras.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, e na páxina web do Inega. Para o acceso á aplicación de presentación das solicitudes será necesario: Número do NIF e o contrasinal determinado polas persoas interesadas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *