Sede AECO-Centro de Negocios iWORKs C/Juan de la Cierva 5 15008 A Coruña
+34 981 29 78 70 | +34 622 573 878
info@aecoempresarias.org

PROGRAMA IMPACTO AUTÓNOMO – 2023

Asociación de Empresarias de A Coruña

PROGRAMA IMPACTO AUTÓNOMO – 2023

Xa se pode solicitar a axuda da Xunta de Galicia dirixida ás pequenas empresas e aos autónomos.

Persoas beneficiarias

Persoas autónomas dadas de alta no RETA ou Réxime do Mar, e Mutualistas con domicilio fiscal en Galicia e que tivesen uns rendementos netos mínimos de actividades económicas realizadas de 10.000 € e un máximo de 30.000 €, no ano 2021.
Así mesmo, poderán ser beneficiarias as persoas traballadoras autónomas de tempada que acrediten estar de alta ou situación asimilada no momento da presentación da solicitude, e que estivesen de alta un mínimo de 4 meses e un máximo de 9 meses no ano 2021 e no ano 2022.
Persoas autónomas societarias e microempresas (ata 10 persoas traballadoras) con domicilio fiscal en Galicia e cun mínimo de facturación no ano 2021 de 50.000 € e un máximo de 750.000 € no mesmo ano 2021.
* As persoas autónomas societarias só poderán presentar unha solicitude.

Obxecto
Minimizar o impacto da suba dos custos en materias primas, dos suministros coma os custos enerxéticos que afectan e condicionan a actividade económica dos autónomos e microempresas.

Requisitos
Estar de alta, mínimo 6 meses antes da convocatoria e atoparse de alta no momento da solicitude de axudas, como persoas autónomas no RETA ou Réxime do Mar, incluídas as persoas autónomas societarias ou en situación asimilada, incluídos os mutualistas, que teñan domicilio social en Galicia e que tiveran unhos rendementos netos mínimos de 10.000 € e máximos de 30.000 €, no último exercicio económico.
Para o caso dos autónomos societarios, ademáis de cumprir o requisito de redementos netos a nivel individual, a facturación da sociedade non poderá superar os 750.000 €.
Tamén poderán ser persoas beneficiarias as persoas traballadoras autónomas de tempada que están de alta no memento da presentación da solicitude de axudas, e que teñan estado de alta un mínimo de 4 meses e un máximo de 9 meses nos anos 21 e 22.
Para aquelas actividades que se desenvolvan en establecementos fixos abertos ao público, o establecemento deberá estar aberto ao público durante os 6 meses posteriores á publicación da orde de axudas.

Características da axuda
A contía das axudas establécese en función dos rendementos netos das persoas ou entidades solicitantes conforme a seguinte escala:
a) Para as persoas autónomas que tributen en réxime de estimación obxectiva (módulos), o importe da axuda será de 800 €.
b) Para persoas autónomas que tributen en réxime de estimación directa ou atribución de rendas, e outros réximes:
– Con rendementos netos no ano 2021 de ata 20.000 €, o importe da axuda será de 1.500 €.
– Con rendementos netos no ano 2021 de ata 30.000 €, o importe da axuda será de 1.200 €.
c) Para microempresas, sociedades, incluídas as de economía social, comunidades de bens ou sociedades civís:
– Cun mínimo de facturación no ano 2021 de entre 50.000 € e un máximo de 250.000 €, o importe da axuda será de 1.500 €.
– Cunha facturación superior a 250.000 € no ano 2021 e ata un máximo de 750.000 €, o importe da axuda será de 1.200 €.
Estes importes reduciranse ao 50 % no caso de persoas autónomas, microempresas, sociedades, incluídas as de economía social, comunidades de bens ou sociedades civís que se desen de alta ao longo do ano 2021 e non acrediten 12 meses completos de actividade.
Do mesmo xeito, o importe reducirase ao 50 % no caso de persoas autónomas de tempada.
Compatibilidade con calquera tipo de axuda de axudas que apoien o emprego autónomo da Xunta de Galicia.

Compromiso das persoas traballadoras autónomas
Manter a actividade económica e a alta no RETA ou no réxime de traballadores do mar como traballadores por conta propia, ou como mutualistas, durante un tempo mínimo de seis meses desde a publicación desta orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
No caso de microempresas, sociedades, incluídas as de economía social, comunidades de bens ou sociedades civís, manter a actividade económica durante un tempo mínimo de seis meses desde a publicación desta orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Estar ao día das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social, así como non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma, con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión e realizar a proposta de pagamento da subvención, o que se acreditará coa declaración responsable.
Xustificar o cumprimento dos requisitos e das condicións, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión da subvención.
Adoptar as medidas adecuadas de difusión para dar publicidade ao financiamento público das actuacións subvencionadas pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade. De acordo con esta obriga, a empresa subvencionada deberá anunciar que está sendo subvencionada pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, segundo o modelo de cartel que figura na sede electrónica.
Someterse ás actuacións de control, comprobación e inspección que efectuará a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e ás de control financeiro que correspondan, se é o caso, á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, ou a outros órganos da Administración do Estado ou da Unión Europea, e achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.
Comunicar ao órgano concedente calquera modificación das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, así como dos compromisos e obrigas asumidos polas beneficiarias e, de ser o caso, a obtención concorrente de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas.
Dispor dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable á beneficiaria en cada caso, coa finalidade de garantir o adecuado exercicio das facultades de comprobación e control.

Documentación Complementaria
As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación.
Persoas traballadoras autónomas que tributen en estimación directa: Documentación acreditativa dos rendementos netos do ano 2021 coa achega do modelo 100 do IRPF do ano 2021.
Microempresas, sociedades, incluídas as de economía social, comunidades de bens ou sociedades civís: Documentación acreditativa do volume de facturación coa achega do modelo 200 IS do ano 2021, salvo no caso de estar no réxime de atribución de rendas, caso en que se achegará o modelo 184 do ano 2021.
Mutualistas: Acreditación da alta na mutualidade do colexio profesional ou entidade correspondente, con indicación dos períodos de alta nela.

Forma de Pagamento
O aboamento das subvencións reguladas nesta orde realizarase polo cen por cento do importe da axuda concedida unha vez comprobados os requisitos exixidos, en concreto os referidos ás débedas coa Axencia Tributaria do Estado, coa Axencia Tributaria da Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social, o resto de requisitos acreditarase na solicitude mediante a declaración responsable da persoa beneficiaria, emitida baixo a súa responsabilidade, e sen prexuízo da comprobación do seu cumprimento con posterioridade á resolución de concesión.

Forma e Prazo de Presentación
As solicitudes presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
O prazo de presentación de solicitudes iníciase o 9 de xaneiro (ás 00:00 horas) e remata o 9 de febreiro.

Orzamento 30 millones de €
30.000.000€

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.